Entre o 27 de novembro e o 30 de abril celebraranse 21 sesións destinadas a escolares de catro a oito anos
Os Ratos de Lonxedetodo volven a Carballo! A Concellaría de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística fixo un novo convite aos famosos e queridos personaxes de TrinkeTrinke Teatro para que animen aos nenos e nenas a percorrer as nosas tradicións, a respectar a diversidade, a loitar contra o cambio climático, a afrontar e resolver os problemas, a interesarse pola ciencia, a descubrir o grande que é o mundo e a aprender dos maiores, e todo iso a través dunha serie de espectáculos teatrais e musicais dos que, sen dúbida, a cativada desfrutará coma sempre.
Desde o 27 de novembro ata o 30 de abril celebraranse un total de 21 representacións. Este é o cartel:
• 27 de novembro: Viaxe pola Galicia encantada
• 11 de decembro: O rato ilustrador
• 15 de xaneiro: Ovos, letras e galiñas
• 29 de xaneiro: Viaxe a África
• 12 de febreiro: Un nacemento especial
• 26 de febreiro: Aprendendo a querer
• 5 de marzo: Non. Aí non (contos para protexer a infancia dos abusos sexuais)
• 19 de marzo: A festa da poesía
• 2 de abril: Paxariños (en francés)
• 16 de abril: Lonxedetodo en festas!
• 30 de abril: Contos para andar o camiño
Os espectáculos van destinados a nenos e nenas de 4 ao 8 anos. Como xa vén sendo habitual, haberá dúas funcións cada mércores: unha ás 17.00 e outra ás 18.30 horas, agás no caso da representación en francés, que será única, ás 18.00 horas. Os convites poderán reservarse dende unha semana antes chamando ao 981 758 580.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.