Alumnado dos centros educativos públicos de Neda protagonizou un ano mais a “Marcha polo bo trato”, que percorría esta mañá o paseo marítimo e as rúas da localidade ata chegar á praza do Concello. Os participantes da andaina, incluída na programación do 25N, gardaban nese punto un minuto de silencio polas vítimas de violencia de Xénero e penduraban a pancarta oficial. A actividade completábase na Casa da Cultura coa lectura de lemas, reflexións, e poemas por parte dos estudantes de 5º e 6ª de primaria do CEIP Maciñeira e do San Isidro, e os de 1º da ESO do IES Fernando Esquío. Representantes do goberno municipal, encabezados polo alcalde, participaron nesta andaina reivindicativa.
Articulos relacionados
Apertura do prazo de incrición nos cursos “Busca de emprego 2.0” e “Deseño gráfico con Canva” a través da plataforma Cemit
octubre 28, 2022 Comments are off 0 visitas
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que o vindeiro mércores, 2 de novembro ás ...
O Concello conmemora o 25N con actividades, unha camiñata solidaria e a instalación dunha escultura de Miguel Couto en homenaxe ás mulleres
noviembre 25, 2022 Comments are off 0 visitas
A alcaldesa presidiu os actos organizados con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia ...
O Museo de Belas Artes da Coruña presenta o proxecto “Observadores Observados”, de Roberto González Fernández
mayo 11, 2017 Comments are off 702 visitas
Trátase dunha insólita instalación distribuída polas distintas salas do museo, e composta por trinta e ...
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.