A tricampioa olímpica cubana, Mireya Luis Hernández, estivo no polideportivo de Perillo instruíndo ás xogadoras e xogadores do Club Voleibol Oleiros cunha amena charla na que describiu as súas experiencias deportivas. Foi un encontro organizado polo Concello ante a visita da considerada como mellor xogadora da historia deste deporte, recentemente nomeada vicepresidenta da Federación Internacional de Voleibol.
Ademais dos 80 deportistas que forman o club e a xunta directiva, no acto tamén participou o presidente da Federación Galega, o alcalde e a concelleira de deportes.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.