Thursday 21 de November de 2024

Ribeira prohibe as violencias machistas


Hoxe celebrouse a presentación dos diferentes e variados actos para a conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero no Concello de Ribeira que se levará a cabo o vindeiro luns 25 de novembro.

Na convocatoria compareceron, a concelleira de Igualdade e Diversidade, Cruz Rivadulla, á asesora legal do CIM (Centro de Información á Muller), Dolores Crujeiras e Nereida Rivero da Asociación A Creba.
A concelleira de Igualdade resaltou que “dende o CIM organizáronse varias actividades que coidamos que abarcan un amplo marxe de idades”. O propio día 25 novembro se celebrará un acto institucional como tódolos anos onde se lerá un manifesto da FEGAMP en colaboración cos colexios no que a continuación, os rapaces e rapazas colgarán nunha oliveira natural na praza de España; os nomes das mulleres, nenos e nenas asasinadas dende o 25 de novembro de 2023 ata agora que son un total de 54; dita Oliveira posteriormente se plantará nun espazo público da cidade onde se seguirá honrando a memoria das vítimas. “Este día é para concienciar á poboación e para lembrar a estas vítimas da violencia de xénero, no só é o 25 de novembro para loitar contra ela senón durante tódolos días do ano” rematou Cruz Rivadulla.

A continuación Dolores Crujeiras pasou a debullar o denso e variado número de actividades, colaboracións e adhesións a campañas do 25 N.

Crujeiras comunicou que se está incidindo na liña da formación, da sensibilización, de dirixirnos á xente máis nova que “consideramos que temos que traballar máis para crear persoas de futuro, máis concienciadas ca igualdade e respectuosas cos dereitos fundamentais”.

Haberá un conta contos on line, “Imos ao recreo” dirixido á etapa de primaria a partires de tres anos onde se fará unha reflexión dos espazos que tradicionalmente foron diferenciados no recreo para nenas e para nenos. Tamén haberá outro conta contos pero de forma presencial dirixido a primeiro da ESO “Expectativas vs Realidade”, trasladarase a sensibilización ao ámbito das redes sociais “que é onde se están canalizando as novas formas de violencia de xénero, preténdese concienciar a adolescentes sobre o que é real e o que non é porque nas redes se plasma unha realidade ficticia interpretada ou asimilada como real e certa”

Ribeira como cada ano vaise a adherir ás diferentes campañas institucionais, e para comezar ca do propio concello, que vai a ser sinxela e moi ilustrativa; “Ribeira prohibe as violencias machistas” onde se pide a colaboración de todos os establecementos de Ribeira, tanto comercio como hostalería onde se lle facilitará uns vinilos cunhas sinais de prohibición onde se amosa o compromiso de Ribeira cas violencias machistas; repartiranse este fin de semana para poñer nos escaparates. Tamén o concello se adhire á campaña da Xunta “Camiño ao respecto” (andaina),
á campaña da Deputación, “De fronte á violencia de xénero” e a campaña da FEGAMP, “Que a vergoña cambie de bando”.
O día 14 de decembro teremos un curso de defensa feminista de balde que xa se leva facendo hai uns anos, coincide un sábado e será de 9:30 a 13:00 h e de 16:00 a 20:00 h no Complexo Deportivo da Fieiteira (mulleres maiores de idade).
Para rematar Nereida Rivero da Asociación A Creba presentou a mesa redonda que levará por título “Diagnóstico psiquiátrico e violencia de xénero” á que se poderá asistir o día 27 de novembro ás 19:00 h no Centro Cultural Lustres Rivas.

Deja un comentario