• A actuación, dotada cun orzamento total de case 10.000 euros, consistiu na reparación das paredes laterais, que presentaban importantes problemas de humidade
O Concello de Laxe vén de rematar a segunda fase do proxecto de mellora da accesibilidade e acondicionamento do Salón de Actos Culturais.
Tras unha primeira fase, na que se renovaron as plataformas salvaescaleiras de acceso ao inmoble e se procedeu ao pintado do espazo escénico e dos elementos accesorios, esta segunda fase incluíu a reparación das paredes laterais, que presentaban importantes problemas de humidade.
Co obxectivo de que non se repitan estes inconvenientes, tratouse a superficie de maneira específica para prevelos e evitalos. Unha vez realizado este proceso, realizouse o revestimento e pintado.
Ademais, a actuación incluíu tamén a mellora do material, dotando este espazo con 180 novas cadeiras.
O orzamento total da actuación ascendeu a 9.850 euros, dos cales 4.850 foron financiados con fondos municipais e os 5.000 restantes pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.