Thursday 21 de November de 2024

Adxudicado o subministro da iluminación do Nadal de 2024-2025 na Pobra


O Concello da Pobra do Caramiñal informa da adxudicación do alugueiro, montaxe, mantemento e retirada do alumeamento ornamental exterior para a tempada do Nadal de 2024-2025.

Colocaranse elementos luminosos en diferentes puntos do municipio, cunha especial énfase no núcleo urbano, se ben tamén se levarán ás parroquias.

Unicamente se presentou a oferta de Iluminaciones Santiaguesa S.L. por un importe de 33.964’70 euros, con impostos incluídos. A súa proposta tamén recolle melloras con relación ao exixido no proceso como, por exemplo, máis pezas lumínicas.

Deja un comentario