Thursday 21 de November de 2024

Adxudicada a renovación do firme de tres rúas do centro da Pobra


O Concello da Pobra do Caramiñal informa da adxudicación da pavimentación das rúas Manuel Murguía, Alexandre Bóveda e Rafael Dieste, financiada polo POS+2022.

Esta intervención focalízase na renovación do firme en tres vías do núcleo urbano, nas proximidades da casa consistorial, coa finalidade de que presenten un correcto estado para garanti-lo tránsito de vehículos e persoas en condicións de seguridade.

Presentáronse 5 ofertas a este proceso e a execución da actuación recaeu en Construcciones Ponciano Nieto S.L., por un importe total de 72.910’80 euros, cos impostos incluídos.

O prazo de execución das obras estímase nun mes dende o inicio das mesmas.

Deja un comentario