Para continuar coa prevención e concienciación sobre a violencia de xénero e avanzar na educación en igualdade, o Concello está organizar diversas actividades formativas en todos os institutos e colexios. Entre outras, un equipo experto de profesionais en materia de xénero, diversidade e violencias imparten obradoiros nas aulas, enfocados na sensibilización, a prevención e a detección fronte ás violencias.
Ao longo de todos estes días tamén se instalan en todos os centros de ensino Puntos Violeta para a información, sensibilización e atención das violencias machistas. A través destes Puntos, tanto alumnado como profesorado, poderán recibir información arredor das violencias sexuais, o consentimento, os diferentes recursos e servizos especializados na materia, así como sobre outros temas de interese e preocupación expostos polo propio alumnado.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.