Thursday 21 de November de 2024

Desvelados os finalistas do programa ‘JF64 Emprende’, co que o Concello contribúe a impulsar proxectos dos talentos e empresas emerxentes no sector téxtil


A concelleira Diana Cabanas destacou a interese amosada polas start-ups nesta segunda edición da convocatoria. No acto tiveron representación as firmas Diesemm e Galicia de Moda, coorganizadoras da iniciativa

O centro municipal de empresas do Papagaio acolleu este xoves o acto no que se desvelou aos dez proxectos finalistas da segunda edición do programa ‘JF64 Emprende’, unha iniciativa impulsada polo Concello e as firmas Diesemm e Galicia de Moda para fomentar a cultura do emprendemento, cunha orientación moi específica ás empresas e profesionais da industria téxtil.

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, recalcou que “o Goberno de Inés Rey está comprometido co obxectivo de posicionar A Coruña como un referente no sector téxtil e creativo, a escala nacional e internacional”, e puxo como exemplo o recente desenvolvemento do evento Modiña Summit, que contou coa colaboración do Concello para ligar os principais talentos emerxentes e empresas da moda, “consolidando a nosa cidade como epicentro da innovación e sostibilidade neste eido”.

Cabanas apuntou que o programa ‘JF64 Emprende’ xira arredor dunha plataforma que lle brinda apoio ás emprendedoras e emprendedores galegos á hora de transformar as súas ideas en proxectos sólidos e competititivos no mercado.

Máis de 30 startups amosaron a súa interese en participar nesta segunda edición, “amosando que este modelo de apoio funciona e segue espertando interese porque non só é unha competición, senón un laboratorio de ideas” a modo de co-working express, ideado para promover o traballo e colaboración colectiva no sector téxtil.

Neste sentido, hoxe confirmouse ás dez startups finalistas do programa, que deberán presentar a súa proposta o vindeiro día 3 de decembro ante un xurado profesional. Son Lumecu, Colykke, Ana Martín Creaciones, Sel Parapar, Ovillova, IA Aplicada a moda, Probador Virtual, Suidade, Llanura
Nota de Prensa
e Rotsen. Entre as iniciativas plantexadas hai espazo para un market-places orientado á moda, a aplicación da intelixencia artificial no sector e tamén roupa adaptada a persoas con diferentes neurodesenvolvementos, entre outras.

Cómpre lembrar que as tres ideas gañadoras recibirán un premio económico, ademais dun asesoramento específico para ver impulsado o seu proxecto na súa fase de emprendemento.
Ademais de Cabanas, no acto desta mañá tamén participaron David Suárez, xefe executivo de Diesemm, Juan Morandeira, director creativo de De Los Aires, e Xosé Luis Reza, presidente do Cluster Ecommerce. Todos eles, ao igual que a concelleira Diana Cabanas, integrarán o xurado que determinará aos gañadores do certame o 3 de decembro.

Deja un comentario