Trátase da aplicación dunha ordenanza fiscal posta aprobada en 2014, pero que non fora posta en marcha até o de agora
Os recibos pendentes desde 2021 cobraranse de forma progresiva
O Concello de Fene quere aclarar á veciñanza as dúbidas xurdidas arredor do cobro polo servizo de depuración de augas residuais. Este cobro responde á aplicación efectiva dunha ordenanza fiscal aprobada no 2014, que non fora implantada até o de agora. A diferenza de Fene, os concellos veciños de Ares e Mugardos -que tamén empregan a mesma depuradora- levan unha década aplicando este cobro por un servizo compartido entre os tres municipios e a Xunta de Galiza.
O recibo emitirase trimestralmente a través do Servizo de Recadación da Deputación da Coruña, co obxectivo de cubrir os custos asociados ao tratamento das augas residuais. Ademais, comezouse a cobrar tamén os recibos pendentes desde 2021. Para minimizar os posíbeis inconvintes, estes cargos atrasados efectuaranse de maneira progresiva até completar os trimestres pendentes.
O alcalde de Fene, Juventino Trigo, destacou que esta medida busca garantir a sustentabilidade do sistema e cumprir coa normativa vixente. “É necesario que asumamos a responsabilidade que nos corresponde como Concello no financiamento dun servizo esencial para a protección do medio ambiente. Confiamos en que este sistema de pagamento progresivo axude a minimizar o impacto nos petos das familias”, sinalou.
Para calquera dúbida ou aclaración, o Concello de Fene lembra que está a disposición da veciñanza a través das súas canles de comunicación habituais.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.