Wednesday 20 de November de 2024

Laxe celebra a IV edición da charla e saída micolóxica o vindeiro 23 de novembro


• O faladoiro será a cargo de José Manuel Castro Marcote, socio de Pan de Raposo

• As prazas son limitadas e requírese inscrición previa, que se pode formalizar no 981 70 69 03

Laxe celebrará o vindeiro venres, 23 de novembro, a IV edición da charla e saída micolóxica.

A xornada estenderase entre as 10 e as 13:30 horas e busca transmitir e promover a aprendizaxe dos distintos tipos de fungos, así como poñer en valor a diversidade micolóxica da zona.

O faladoiro será a cargo do poñente José Manuel Castro Marcote, socio da entidade Pan de Raposo.

As prazas son limitadas, polo que se require inscrición previa que as persoas interesadas poden formalizar no 981 70 69 03.

Deja un comentario