Arrancan nos colexios de Neda as charlas de reciclaxe con motivo da celebración da Semana europea da prevencións dos residuos. O CEIP de Maciñeira acollía hoxe a proposta, impulsada polo Concello e Ambigal 360, e destinada a impulsar entre a rapazada as 7R básicas da economía circular (redeseñar, reducir, reutilizar, reparar, renovar, recuperar e reciclar). Na sesión púxose o foco ademais na importancia de loitar contra o desperdicio alimentario, e nas posibilidades de aproveitamento dos biorresidos, a través da compostaxe doméstica. A iniciativa continúa mañá no CEIP San Isidro.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.