Unha semana cultural máis na Pobra do Caramiñal coa presentación do libro El tallista de runas, de Eduardo Romero Rueda. Este libro ofrece unha viaxe pola historia de Gunnar Swansson, alcumado Rune, un monxe beneditino noruegués que se ve arrastrado nunha misión secreta en terras de Jakobsland, enfrontando perigos e desafíos mentres busca cumpri-lo seu destino.
O público pobrense terá ocasión de coñecer máis polo miúdo esta obra no acto que terá lugar no venres 22, ás 20.00 horas, no auditorio da biblioteca municipal Victoriano García Martí.
Acompañarán ao autor, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo; o escritor e coordinador da Asociación Cultural Barbantia, Juan Pastor Rodríguez; e o xornalista e escritor, Manuel Gago.
O acceso é libre ata completa-la cabida.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.