Tuesday 19 de November de 2024

A AVPC da Coruña colabora coa ONG Farmamundi e o Banco de Alimentos Rías Altas no envío de material á localidade de Paiporta


En total, seis persoas voluntarias desprazaranse en dous vehículos con material e ferramentas para a rehabilitación de servizos esenciais

O Concello da Coruña continúa colaborando coas localidades afectadas pola DANA co envío de recursos humanos e materiais á Comunidade Valenciana poñendo a disposición a Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil da Coruña, en colaboración coa ONG Farmamundi e o Banco de Alimentos Rías Altas.

Mañá, mércores 20 de novembro, seis persoas voluntarias da AVPC partirán cara a localidade de Paiporta en dous vehículos para axudar na rehabilitación de servizos esenciais como as farmacias. Na delegación da AVPC viaxarán persoas con experiencia en traballos con electricidade, polo que portarán ferramentas e material para poder facer pequenas reparacións e apurar a apertura das farmacias.

Un dos vehículos portará 428 quilogramos de material cedido polo Banco de Alimentos Rías Altas como vasoiras, capachos, máscaras, etc. que se destinarán ao propio persoal voluntario da Coruña para realizar os traballos nas farmacias, así como para donar aos veciños e veciñas de Paiporta. Ademais, a AVPC recibiu unha donación anónima de mergulladores, luvas, máscaras, lentes e kits con diverso material de protección que tamén serán transportados.

Deja un comentario