Wednesday 20 de November de 2024

Incendio dun vehículo na estrada AC-523, no concello de Ordes


Os bombeiros do Parque Provincial de Ordes foron requiridos a primeira hora da tarde de onte, 18 de novembro, nun operativo destinado á extinción dun incendio nun vehículo na estrada AC-523, á altura do punto quilométrico 11.5, no concello de Ordes.

O labor dos bombeiros provinciais consistiu na extracción da batería do turismo e na extinción do lume deste, que se atopaba nunha beira da estrada.

Deja un comentario