Lembra que no pleno do mes de setembro os socialistas xa levaran a pleno unha inicia6va instando ao execu6vo de Sanmar8n a dotar de subministro de auga e iluminación a este núcleo
O núcleo do Castro, en Bando, segue sen iluminación e sen subministro de auga, dous meses despois de que o Grupo Municipal Socialista o reclamase no pleno municipal. Así o denunciou este domingo o seu portavoz, Gonzalo Muíños, quen volveu reclamar “dilixencia e celeridade” ao executivo de Sanmartin para conectar as luminarias instaladas no novo viario -que conecta o núcleo do Castro co enlace orbital- á rede de iluminación pública.
E é que, coas obras do enlace Orbital que conecta a AP-9 coa A-54, “imprescindible” asegura Muíños “para mellorar as conexións entre os polígonos industriais”, as veciñas e veciños deste núcleo quedaban incomunicados, motivo polo que, logo de negociacións entre o exalcalde, Sánchez Bugallo, e o ministerio de Transportes, este último executou unha conexión paralela entre esta aldea e o propio enlace.
Un novo viario que, explican os socialistas, aínda que conta con farois, estes seguen sen acenderse. Ante a chegada do inverno e a redución do tempo de luz, Muíños insiste en que o “o risco para os peóns” vai en aumento, moEvo polo que volve reclamar ao executivo de Sanmartin a posta en funcionamento desta iluminación: “que axilicen os trámites e a conecten á rede de iluminación pública da cidade”.
O portavoz socialista tamén reclamou avances na dotación de subministro de auga ao núcleo, lembrando que a acomeEda está a apenas 60 metros das vivendas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.