“Transformando o territorio” é o título do panel que mostra a rede peonil que se foi construíndo en Oleiros ao longo das últimas décadas, que abrangue máis de cen quilómetros de beirarrúas e beiravías, parte delas con carrís bici. Oleiros compartirá exposición con outros casos de éxito de melloras urbanas como Valencia, Bilbao, Barcelona, Madrid, París ou Nova York.
A exposición, producida pola Rede de Cidades que Camiñan, estará no IFEMA, do mércores 20 ao venres 23 de novembro, con motivo da celebración da feira internacional Global Mobility Call, que reúne a institucións e empresas de todo o mundo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.