Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa participaron esta madrugada, arredor das 0:45 horas, nunha intervención polo estoupido dunha bomba de palenque contra un edificio situado na Praza de Galicia, no Concello de Arzúa.
Ao chegar ao lugar os bombeiros provinciais comprobaron que o incidente producirase ao lanzar unha bomba de palenque desde a rúa que impactou contra o segundo andar do edificio onde se atopa o Bar Plaza, provocando a caída de cascallos e cristais á rúa.
A vivenda, unha notaría, estaba desocupada neses momentos polo que non houbo que lamentar danos persoais e só se produciron danos materiais. Unha vez dentro do inmoble os bombeiros comprobaron que a caixa da ventá está desprazada e fóra do sitio, ademais de danos varios provocados pola onda expansiva, sen chegar a producirse incendio.
Procedeuse á retirada de marcos e caixa de persiana, baixando esta e amarrándoa para cubrir o oco roto polo artefacto explosivo, quedando sinalizado con cinta de balizar. Tamén se limparon os cristais da rúa e da notaría.
Completaron o operativo Protección Civil de Arzúa e a Garda Civil.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.