Wednesday 20 de November de 2024

O alumnado do IES Agra de Leborís desfrutou da proxección do documental “Bravú XXX”


O programa levouse a cabo por iniciativa da área de Cultura da Deputación da Coruña.
O alumnado do IES Agra de Leborís desfrutou do documental Bravú XXX que fai unha homenaxe á historia e evolución dese movemento en toda Galicia cando se cumpren 30 anos do seu xurdimento. A proxección realizouse nun pase privado na Casa da Cultura da Laracha en horario lectivo.

Este traballo de Xurxo Souto -producido por Nós Televisión co apoio da Deputación da Coruña- recolle testemuños de figuras destacadas do panorama audiovisual galego que achegan ao público as raíces e o espírito rebelde dese movemento musical que marcou a década dos 90 e continúa influíndo a día de hoxe na escena galega.

A Laracha é un dos 25 Concellos da provincia da Coruña que forman parte desta iniciativa da área de Cultura da Deputación da Coruña para explicar, especialmente á mocidade, que foi o movemento Bravú, a súa historia e a importancia que tivo e aínda ten tanto para a promoción do idioma como da música en galego.

Deja un comentario