Monday 18 de November de 2024

Persoal municipal da Pobra actualizou a súa formación no uso dos desfibriladores


Son varios os espazos cardioprotexidos na Pobra do Caramiñal, entre eles, instalacións deportivas e edificios públicos, ademais de contar cun móbil nun dos vehículos da Policía local.

Para actualiza-la formación sobre soporte vital básico e funcionamento dos desfibriladores, persoal municipal asistiu nos pasados días a cursos co obxectivo de “garantir o correcto uso dos aparellos e a maneira de proceder ante unha parada cardiorrespiratoria”, apunta o alcalde e titular da Concellaría da Seguridade, José Carlos Vidal.

Deja un comentario