O pleno muncipal aprobou hoxe unha addenda ao convenio coa Xunta para as obras do hospital, tras constatar a consellería que non cumprirá os prazos da obra inicialmente previstos
O Concello aplicará unha rebaixa do 10% no recibo do lixo para compensar á cidadanía pola folga do lixo do pasado verán
O pleno municipal celebrado hoxe aprobou unha addenda ao convenio asinado entre o Concello e a Xunta para a construción do novo Chuac. No dito convenio o Concello comprometíase a aportar 22,2 millóns de euros para as obras do accesos, encargándose a Xunta da licitación e execución de ditos traballos e establecendo as anualidades de pago. A raíz dos retrasos que a obra acumula, a Xunta solicitou ao Concello unha modificación do convenio estendendo as anualidades previstas un exercicio máis.
O voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage Tuñas, amosouse moi crítico coa Xunta: “Non imos tolerar nin un retraso máis nas obras do novo Chuac”, dixo. “O mesmo que a Xunta antes demandaba con absoluta urxencia un adianto, agora vén demandar un retraso, certificando que a obra do CHUAC non estará na data anunciada nin remotamente”, indicou Lage, recordando o interese da Xunta en período electoral en que o Concello consignara 8 millóns de euros no exercicio do 2024 para facer fronte ás súas obrigas. O Concello consignou dita contía, mais agora a Xunta calcula que o gasto final será próximo ao medio millón de euros porque non se chegaron a executar os traballos que anunciaba como inminentes no 2023.
Segundo o novo calendario de pagos, o Concello aportará agora 547.681 euros no 2024, 5 millóns no 2025, 9,9 millóns no 2026 e 10 millóns no 2027, cando no convenio orixinal as obras ían rematar no 2026.
Nota de Prensa
Rebaixa no recibo do lixo
Ademais, o pleno celebrado hoxe tamén aprobo a modificación de tres ordenanzas fiscais. Lage Tuñas recordou que o executivo local xa adiantara a conxelación das taxas e tributos para o ano 2025, mais indicou que por indicación da alcaldesa, Inés Rey, despois da folga de recollida de lixo do pasado verán, aprobábase agora unha bonificación no recibo do lixo para compensar á cidadanía polos problemas coa recollida durante aqueles días. “Todos lembramos a folga da recollida do lixo da que fomos vítimas todos e todas os coruñeses este verán. Folga que non foi folga, senón un pulso salpicado de actos vandálicos difíciles de esquecer. Os cidadáns padeceron as consecuencias daquela senrazón e víronse privados dun servizo esencial durante semanas”, recordou Lage. Pola merma no servizo durante a folga, o Goberno municipal aprobou hoxe unha rebaixa do 10% no recibo de lixo que será de aplicación durante o segundo trimestre do ano que vén.
Ademais, o pleno deu luz verde tamén á actualización de outras dúas ordenanzas: “Hai tamén pequenas modificacións tanto na Ordenanza Fiscal reguladora número 52 sobre o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, e tamén na Ordenanza Fiscal reguladora número 55 sobre o Imposto de Construción, Instalacións e Obras. Nos dous casos non varían os tipos impositivos, senón que se adaptan os textos en aras dunha maior claridade”, indicou Lage.
Modificativo
Noutra orde de asuntos, no pleno extraordinario de hoxe tamén se rubricou a aprobación de dous modificativos de crédito que inclúen investimentos e gastos necesarios para o funcionamento dos servizos municipais.
Aprobouse definitivamente o M5, que permitirá aportar 410.000 euros en investimentos para a urbanización da Cidade das TIC e case 800.000 euros para o Plan de Sustentabilidade Turística na Coruña Sostible e Dixital.
Por outro lado, e tras a súa aprobación previa na Xunta de Goberno Local, este luns tamén se deu o visto bo inicial a outro modificativo de crédito, neste caso de 10,7 millóns de euros. Tal e como
Nota de Prensa
informou días atrás o voceiro do Goberno municipal, “este modificativo obedece á necesidade de facerlle fronte a servizos prestados” que inclúen, entre outros, facturas de 7,9 millóns derivadas do servizo de transporte urbano.
Na súa intervención, Lage lembrou que o Concello vén asumindo a cofinanciación das axudas impulsadas polo Estado, co obxectivo de incentivar o uso do transporte público compartindo, unha aposta do Goberno de Inés Rey que, tal e como expuxo Lage, “está dando resultados, tendo en conta que este ano se chegará aos 27 millóns de viaxes, récord do servizo que se alcanzará polo feito de que as e os usuarios pagan o 50% da tarifa establecida”.
Porén, o voceiro do Goberno municipal apuntou que “isto sería menos gravoso para o Concello se a Xunta, tal e como establecía o Estado nas súas bases, asumise unha parte da subvención, ao que a Xunta se negou en redondo”.
O modificativo inclúe investimentos na Cidade das TIC e no tecido cultural da cidade
Lage tamén destacou que o modificativo M6, aprobado inicialmente e que deberá volver ao pleno para a súa ratificación definitiva, contempla investimentos na Cidade das TIC. Concretamente, 1,1 millóns para afrontar as obras de urbanización xa executadas, que se suman aos 410.000 euros xa recollidos no anterior modificativo e aos máis de 600.000 euros xa aboados co mesmo fin.
A isto súmanse outros 660.000 euros en concepto de partida para dotar de máis recursos á Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), cuestión na que Lage tamén quixo lembrar que “a Xunta leva anos con achegas inferiores ás pactadas, o que supuxo un déficit de 5 millóns que nunca foi saldado”.
Entre os investimentos incluídos destacan tamén 150.000 euros para as actualizacións salariais das e dos traballadores da Escola Municipal de Música, 130.000 euros para a conserxería de instalacións deportivas e 360.000 euros para o funcionamento de BiciCoruña.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.