O Concello organiza actos para promover a igualdade e erradicar a violencia.
O Concello de Miño organiza unha serie de eventos no marco do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Baixo o lema “Todas e todos contra a violencia. Fronte a violencia, palabras”, estas actividades buscan concienciar á cidadanía e fomentar a implicación de todas as persoas na loita contra a violencia machista.
O día 25 de novembro, ás 17:00 horas, levará a cabo no local social da Rúa o taller “Maniféstate”, onde se convidará a persoas a partir de 4 anos a participar na creación de pancartas en rexeitamento á violencia. Ese mesmo día, ás 19:00 horas, tamén no local social da Rúa, procederase á lectura do manifesto contra a violencia machista, reafirmando o compromiso colectivo do Concello e a comunidade.
Ademais, a Biblioteca Concepción Arenal ofrecerá unha selección de lecturas dirixidas a todas as idades co obxectivo de sensibilizar e educar sobre a igualdade e a erradicación da violencia de xénero.
O programa culminará o 28 de novembro coa celebración de mesas de coordinación institucional no propio Concello de Miño, destinadas a traballar en estratexias conxuntas para facer fronte á violencia machista.
Con esta axenda, o Concello de Miño reforza o seu compromiso coa igualdade e a prevención da violencia de xénero, convidando a toda a cidadanía a unirse nesta importante causa.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.