Monday 18 de November de 2024

A compañía internacional MOMIX regresa a España estreando o seu novo espectáculo ALICE na Coruña


Será a primeira vez que se poida ver o espectáculo en España, cunha dobre función os días 19 e 20 de novembro no Teatro Colón

O espectáculo, ideado polo fundador e director artístico da compañía Moses Pendleton, tamén xirará por grandes cidades como Bilbao e Madrid

Últimas entradas dispoñibles para mercar en Ataquilla.com

A compañía de danza internacional MOMIX estrea o seu novo espectáculo ALICE na Coruña, inspirado na obra Alicia no País das Marabillas de Lewis Carroll. Esta será a primeira vez que se poida ver o espectáculo en España, cunha dobre función os días 19 e 20 de novembro no Teatro Colón ás 20.30 horas, coas últimas entradas dispoñibles para mercar en Ataquilla.com.
MOMIX é unha compañía de bailaríns-ilusionistas fundada e dirixida polo aclamado coreógrafo Moses Pendleton e que conta con máis de 40 anos de historia. O seu equipo rodou por escenarios de todo o mundo, colaborando tamén no cinema e na televisión. Ademais, foi a compañía seleccionada para representar aos Estados Unidos no Centro Cultural Europeo de Delfos no marco da Homenaxe a Picasso en París.
ALICE é proposta que combina ilusión, acrobacia, maxia e fantasía como adaptación persoal e libre da historia de Carroll. O espectáculo, que xa tivo éxito de crítica e público en países como Italia, Estados Unidos, Francia, Países Baixos, Israel, Chile, Uruguai ou Brasil, marca o retorno de MOMIX a España, onde non actuaba desde 2016 cando presentaron o seu espectáculo ‘MOMIX Forever’.
Deste xeito, MOMIX volve a España estreándose na Coruña seguindo o obxectivo do Goberno de Inés Rey de posicionar a cidade como capital cultural. O espectáculo, ideado polo fundador e director artístico da compañía Moses Pendleton, tamén xirará por grandes ciudades españolas como Bilbao e Madrid.

Deja un comentario