Sunday 17 de November de 2024

O Concello de Ortigueira celebra este ano a VII edición a as “Xanelas do Nadal”


• A actividade pretende para fomentar a relación entre veciños nos días previos ás festas do Nadal.

• O prazo para inscribirse finaliza o próximo 30 de novembro.

 

O Concello de Ortigueira continua outro ano máis coa celebración da actividade “Xanelas do Nadal”, que pretende fomentar a relación entre veciños os días previos ás celebracións do Nadal.

A actividade consiste en que os/as interesados/as deben decorar e iluminar unha xanela da súa casa e “inaugurala” o día que lles toque. A inauguración consiste nunha invitación xeral a todos aqueles que se queiran achegar a compartir unha bebida e algo de picar –na medida das posibilidades de cada un-.
Tamén poden participar, asociacións, colectivos, comerciantes e comunidades de veciños.
As xanelas iríanse iluminando por números, ata completar o calendario de advento desde o 1 de decembro ata noiteboa.

Para inscribirse e ser anfitrión/-a, as persoas interesadas teñen que chamar de luns a venres á oficina de turismo: 981 422 089; ou ao Concello: 981 400 000; e preguntar por Cristina.
O prazo para inscribirse finaliza o vindeiro xoves 30 de novembro.
Desde o Concello de Ortigueira anímase a todos os veciños do municipio para compartir e a dar luz e cor á entrada do Nadal.

Como en anos anteriores lémbrase que esta actividade é un proxecto veciñal sen carácter relixioso e que pode participar calquera veciño independentemente das súas crenzas.

Deja un comentario