Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira e de Boiro participaron esta madrugada, arredor das 3:40 horas, nun incendio que afectou a un cuarto piso na avenida do Malecón, no concello de Ribeira.
Os bombeiros provinciais conseguiron entrar á vivenda pola entrada principal despois de refrixerar a zona desde o exterior, xa que nun primeiro momento non fora posible acceder polo calor e os enseres do domicilio. Unha vez no interior logran controlar as lapas e colocar o ventilador para facer unha extinción por presión positiva e, así, gañar visibilidade.
Xa apagadas as chamas, realizouse a correspondente comprobación de que a situación quedara completamente controlada en todo o edificio.
Completaron o operativo a Policía Nacional de Ribeira e o 061.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.