Friday 22 de November de 2024

Unha trintena de persoas participaron nunha andaina circular por Boqueixón seguindo os feitos históricos recollidos no libro “Unha matanza esquecida”


Algo máis de trinta persoas participaron este domingo nunha andaina circular e gratuíta organizada polo Concello de Boqueixón. Un percorrido de 13 quilómetros polas parroquias de Gastrar, Vigo e Loureda no que as persoas participantes percorreron os lugares onde aconteceron os feitos históricos recollidos no libro “Unha matanza esquecida”, de Severino Fernández Abel. A andaina durou aproximadamente 4 horas, tempo no que os camiñantes estiveron acompañados por Fernández Abel, veciño de Gastrar, quen foi facendo comentarios nos lugares históricos recollidos no seu libro.

Deja un comentario