Última oportunidade de anotarse na VII Andaina Solidaria de Neda. Este xoves péchase o prazo de inscrición para participar na camiñada, que reunirá o domingo 17 de novembro, a partir das 11 horas, a centos de persoas nas inmediacións do albergue de peregrinos. A iniciativa volverá recadar fondos a prol da Asociación española contra o cancro de Ferrol.
As persoas que desexen sumarse aínda poden anotarse na Casa Consistorial de Neda; nos despachos da Panadería Santa Rita no Portazgo (Neda) e na ferrolá rúa San Salvador (ata as 14 horas), en Zanshin Sports, no Coto (Neda), mércores de 17 a 19 h, e xoves de 19 a 20.30 h, e na sede ferrolá de AECC, de 9 a 17.30 h.
O público adulto terá que aboar 10 euros polo dorsal e pola tote bag ou mochila conmemorativa da cita. Pola súa banda, o dorsal para o público infantil, a partir de seis anos, custará 5 euros. Idéntica contía corresponderalle ao dorsal solidario para todas aquelas persoas que non poidan sumarse á marcha, pero que queiran colaborar coa causa. Como vén sendo habitual, distinguirase á agrupación ou asociación máis numerosa.
Como en edicións anteriores, os fondos recadados doaranse á Asociación española contra el cáncer en Ferrol, servindo para apoiar a investigación médica, co obxectivo de superar o 70% de supervivencia, e impulsar servizos que brinda a entidade aos pacientes oncolóxicos para mellorar a súa calidade de vida.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.