Friday 22 de November de 2024

Novos cursos de arte floral revitalizan o rural da Pobra focalizados xa no Nadal


A Pobra do Caramiñal xa quece motores cara o Nadal. Son moitas as actividades que se están argallando, entre elas, os cursos de arte floral que pon en marcha a Concellaría da Participación Veciñal.

Estes talleres de balde levaranse a cabo nos centros socioculturais da Angustia e do Vilariño. Nos martes dende o 19 de novembro ao 17 de decembro terán lugar na Angustia, mentres que nos venres dende o 22 de novembro ao 20 de decembro serán no do Vilariño. En ámbolos casos, o horario vai de 18.00 a 20.00 horas.

“Xa tivemos nos meses de maio e xuño clases para a realización de arranxos florais con cores e especies propias do verán. Dada a boa acollida, decidimos darlle continuidade agora na época de outono/inverno cara a decoración das casas para o Nadal. Nos pasados meses tivémolos no Campiño e na Ribeiriña; agora levámolos á Angustia e ó Vilariño. Ratificamos así o noso compromiso de descentraliza-las actividades do núcleo urbano para levalas tamén ao rural e xerar espazos de encontro para a veciñanza”, manifesta a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo.

Pola súa parte, a técnica municipal, Sara Sánchez, precisa que as prazas son limitadas, polo é necesaria a inscrición previa no enderezo electrónico participacionvecinhal@gmail.com a partir do 13 de novembro. Só é posible anotarse nun dos cursos.

Deja un comentario