Friday 15 de November de 2024

Entrega de premios del concurso ‘Ortigueira a Bocados’


O pasado domingo, o Concello de Ortigueira celebrou a entrega de premios do concurso de tapas “Ortigueira a Bocados”. Nesta ocasión, o Mesón Río Sor destacou como o gran gañador, grazas á súa tapa de “Carrilleira Ibérica”, a máis votada polo público ao longo do concurso.

O galardón outorgado ao Mesón Río Sor foi elaborado con especial dedicación polo alumnado do ciclo de Carpintería e Moble do IES de Ortigueira, que deseñou e confeccionou o trofeo especialmente para este evento. O Concello quere agradecer tanto aos establecementos participantes como ao IES de Ortigueira polo seu compromiso e colaboración, que fan deste evento un escaparate de creatividade e calidade culinaria local; así como a todas as persoas que participaron nesta edición do certame.

Deja un comentario