O prazo de solicitude estará aberto ata o 28 de novembro.
O Concello lanzou novamente a súa convocatoria de bolsas de estudo para o curso 2024/2025, un programa de axudas destinado a cubrir parte dos gastos relacionados coa educación. En total, asignaranse 55.000 euros, dos cales 30.000 destinaranse a axudas para transporte con fins educativos e 25.000 a escolarización.
As axudas ofrecidas polo Concello de Abegondo abarcan todas as etapas educativas. En infantil, primaria e secundaria, oriéntanse cara ao acceso á educación, permitindo a compra de material escolar. No caso de bacharelato, universidade, ciclos formativos e outros ensinos medios non obrigatorias, os fondos destínanse a cubrir os gastos de desprazamento.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 28 de novembro. Os formularios de solicitude están dispoñibles na web municipal, e poden entregarse a través da sede electrónica ou no rexistro municipal. Para as axudas de estudos universitarios, o trámite será exclusivamente en liña. Aquelas persoas que necesiten apoio para completar o formulario poderán acudir ao departamento de Educación e Cultura do Concello de Abegondo.
O alcalde, José Antonio Santiso, pon en valor estas liñas de axudas, ás que cualifica como “fundamentais para apoiar ás familias ao cubrir os custos de transporte e escolarización”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.