Friday 22 de November de 2024

Os bombeiros provinciais desprazados á Comunidade Valenciana efectuaron tarefas de limpeza e salvamento en Paiporta e Picanya


Os seis bombeiros do Consorcio Provincial da Coruña, procedentes dos parques de As Pontes, Betanzos e Carballo, mobilizados á Comunidade Valenciana, realizaron nestes primeiros días no levante peninsular labores de achique.

Onte, o seu traballo principal desenvolveuse no casco urbano de Paiporta, zona cero da traxedia, onde levaron a cabo tarefas de achique en fosos de ascensores e montacargas. Tamén interviñeron no soto da biblioteca municipal, onde tiveron que esperar a que descendese o nivel de monóxido no interior para poder continuar coas labores.

Posteriormente, foron desprazados a Picanya, á zona do paseo da Primavera, a máis afectada do municipio. Alí, o traballo centrouse na limpeza e achique de garaxes en domicilios particulares. Está previsto que hoxe, luns 11 de novembro, continúen traballando nesta área.
Carballo, 11 de novembro de 2024. Os seis bombeiros do Consorcio Provincial da Coruña, procedentes dos parques de As Pontes, Betanzos e Carballo, mobilizados á Comunidade Valenciana, realizaron nestes primeiros días no levante peninsular labores de achique.
Onte, o seu traballo principal desenvolveuse no casco urbano de Paiporta, zona cero da traxedia, onde levaron a cabo tarefas de achique en fosos de ascensores e montacargas. Tamén interviñeron no soto da biblioteca municipal, onde tiveron que esperar a que descendese o nivel de monóxido no interior para poder continuar coas labores.

Posteriormente, foron desprazados a Picanya, á zona do paseo da Primavera, a máis afectada do municipio. Alí, o traballo centrouse na limpeza e achique de garaxes en domicilios particulares. Está previsto que hoxe, luns 11 de novembro, continúen traballando nesta área.

Deja un comentario