O Concello de Oleiros acolle este sábado 16 de novembro, ás 20:30 horas, no auditorio Gabriel García Márquez; o espectáculo teatral Deadpan Karaoke de Ibuprofeno Teatro.
DEADPAN KARAOKE é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, todo enmarcado nun espazo que transite do real ao onírico cunha clara ambición plástica e que capture o carácter sublime do amor a través de momentos de gran beleza.
Deadpan é unha personaxe incapaz de sentir e de expresar emoción, o que lle outorga a autoridade e a claridade necesarias para descifrar o universo do amor a través desta catarse cómico-musical. Podemos nesta sociedade de narcisismo extremo lanzarnos ao baleiro do amor?
A obra dirixida por Patricia Rodriguez foi galardoada cos premios María Casares 2024 á Mellor maquillaxe e ao Mellor espazo sonoro.
A duración do espectáculo é de 75 minutos e está dirixido a público maior de 12 anos.
O prezo da entrada é de 4,00 euros. Poderán ser adquiridas con anterioridade á celebración do espectáculo en www.giglon.com (desde o domingo 10 ao sábado 16 de novembro ás 19:00h) ou o mesmo día do espectáculo, unha hora antes, na billeteira do auditorio.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.