Friday 22 de November de 2024

O Elma acolle cine e teatro durante esta fin de semana


Cine e teatro daranse cita nesta fin de semana no Elma. “Se as artes escénicas foron gañando cada vez un maior peso na axenda cultural do outono ao longo dos anos, agora decidimos incorpora-lo celuloide para recuperar así máis a esencia do teatro cine Elma”, declara a concelleira da Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo.

Por iso, arrancan os Venres de cine que traerán un total de sete aclamados filmes á localidade durante o 2024-2025. Este ciclo comeza coa proxección de O corno no venres 15, ás 21.00 horas. Trátase dun drama ambientado na Galicia dos anos 70. María é unha muller que gaña a vida recollendo marisco, pero tamén é coñecida por axudar a outras mulleres no parto. Tras un suceso inesperado, vese na obriga de fuxir e emprender unha perigosa viaxe que a levará a cruzar unha das rutas de contrabandistas entre Galicia e Portugal.

E tamén haberá unha nova representación; a terceira ao abeiro do ciclo teatral do outono que organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Verdeveras Expresións Artísticas convida á reflexión no domingo 17, ás 19.00 horas, con As formas do amor: el e ela foron parella; foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida porque poñen todo patas arriba e, logo de tanto tempo de separación, tal vez sexa o día xusto para atoparse novamente pola primeira vez.

E n ámbolos casos, o acceso é libre ata completa-la cabida da dita instalación municipal.

Deja un comentario