Friday 22 de November de 2024

O Partido Popular presenta a Oficina Parlamentaria Metropolitana


O obxectivo da oficina é servir de ligazón entre a veciños da área metropolitana da Coruña para coordinar e canalizar as súas inquietudes cara aos gobernos provincial, autonómico, nacional e europeo

Ao mediodía de hoxe o Partido Popular ha presentado a Oficina Parlamentaria Metropolitana, na sede local de Oleiros. Esta iniciativa nace co propósito de canalizar as inquietudes e iniciativas dos preto de 120.000 habitantes da área definida polos concellos de Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Miño, Oleiros e Sada cara aos diferentes estamentos gobernamentais.

Para a posta de longo da iniciativa, acudiron á sede oleirense as Deputadas provinciais Izaskun García Gorostizu e Diana Piñeiro Fernández, os Deputados autonómicos Gonzalo Trenor López e Jesús Fernández Rosende e a Deputada nacional, Tristana Ensinanza Gómez, quen expuxo con detalle as funcións e a programación da Oficina.

Ao acto acudiu numeroso público, entre militantes e simpatizantes, contando ademais coa presenza dos portavoces municipais do Partido Popular dos sete concellos que conforman a área de actuación da

Oficina Parlamentaria Metropolitana.
O peche do acto correu a cargo de Diego Calvo Pouso, Presidente Provincial do PP na Coruña.

Deja un comentario