Friday 22 de November de 2024

O Partido Popular de Sada acusa o goberno de Portela de “ levar ao precipicio” ao concello


Os populares critican a súa nefasta xestión e a pasividade #ante a súa crise interna e as numerosas reclamacións de veciños e asociacións.

O Partido Popular de Sada lanzou duras críticas ao goberno liderado por Portela, acusándoo de levar ao concello “ao precipicio” debido a unha xestión que consideran lamentable e a falta de resposta ante a crise interna do seu partido agravada tras as imputacións contra o alcalde e a concelleira de seguridade por posible prevaricación administrativa, todo isto sumado a numerosas reclamacións de veciños e asociacións.

Segundo os populares, a situación agrávase debido ás imputacións actuais e as decisións sobre a continuidade do mandato de Portela e a súa concelleira de seguridade atendendo ao código ético do seu partido.

A indignación entre os veciños aumenta día a día #ante a falta de rigor nas xestións por parte do goberno de Portela, a dificultade para realizar actividades, a paralización de obras dificultando o tránsito diario de vehículos e peóns por falta de seguimento desde as concellerías correspondentes, a denegación de subvencións sen aviso previo/previo aviso, e o desinterese en responder a peticións ou atender o teléfono do concello. Tamén destacan a falta de seguridade e efectivos policiais, sinalando que mesmo non houbo patrulla no último pleno municipal, deixando sen vixilancia e protección o espazo municipal e edificio público, labores que están dentro das súas obrigacións.

A portavoz do Partido Popular de Sada, Esperanza Arias, expresou a súa preocupación pola falta dun proxecto para o futuro, mencionando que aínda non se coñecen os orzamentos para o 2025. Criticou a crise de xestión que, segundo ela, está a asfixiar ao concello e desatendendo ás parroquias, ademais de dificultar o traballo da oposición.
“Sada merécese unha alcaldía que estea nos medios por grandes proxectos e prósperos investimentos, non por imputacións, denuncias e xuízos”, concluíu Arias.

Deja un comentario