Friday 22 de November de 2024

A veciñanza de Aguiño pide médicos a tempo completo


A veciñanza de Aguiño mobilizouse un venres máis para demandar a cobertura completa de profesionais médicos no centro de saúde da parroquia.

Membros do equipo de goberno municipal estiveron respaldando a concentración convocada dende a Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza, para denunciar a falta de persoal médico e a situación de precariedade na que os profesionais da saúde desenvolven o seu traballo.

Dende o goberno municipal piden que a Xunta dote o centro de saúde do persoal sanitario suficiente e a tempo completo evitando o deterioro da atención primaria.

Dende o Concello de Ribeira xa se solicitaron ten reunións coa Consellería de Sanidade para tratar de solucionar os problemas e incidir na necesidade de cubrir todo o persoal de baixa, de vacacións, así como o persoal administrativo.

Deja un comentario