Friday 22 de November de 2024

O concello de Carral organiza unha visita guiada polo sepulcro tardorromano de Paleo


• Será realizada polo arqueólogo Antón Malde e terá lugar este sábado, 9 de novembro, desde a Casa da Cultura ata a igrexa de Paleo a partir das 11:00 horas.

• Visitarase tamén a colección museográfica do Castro das Travesas e a Casa da Cultura de Carral.

O Concello de Carral organiza para este vindeiro sábado, 9 de novembro, unha visita guiada pola contorna do xacemento do sepulcro tardorramano de Paleo.
A actividade, que dará comezo a partir das 11:00 horas, será realizada polo arqueólogo Antón Malde e partirá desde a Casa da Cultura ata a igrexa de Paleo. A ruta guiada ten un percorrido de 850 metros, 15 minutos camiñando.
Ademais, na saída visitarase a colección museográfica do Castro das Travesas e a Casa da Cultura de Carral.

Deja un comentario