“Emprender é non resignarse, actuar con rebeldía e inconformismo, mais tamén con humanidade e solidariedade, a mesma que levou e leva a tantos mozos e mozas a axudar a Valencia”
As empresas Permae, Nordés Club Empresarial, Rigido e Napolit foron as gañadoras do accésit
Embermind Technologies recibiu o Premio Iniciativa Emprendedora e Ensamble o Premio á Iniciativa Empresarial
O Palacio da Ópera da Coruña acolleu esta noite a gala de entrega da XXV Edición do Premio Emprende, organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) da Coruña. O evento pon en valor o talento e a innovación da mocidade emprendedora, con catro bloques de empresas candidatas.
Entre os premios entregados destacaron accésits en diversas categorías, como RSC Vegalsa Eroski a Permae, Innovación Nordés Club Empresarial a Rigido e o de Creación de Emprego Coca-Cola a Napolit. O acto rematou coa entrega do Premio Iniciativa Emprendedora a Embermind Technologies e o Premio Iniciativa Empresarial a Ensamble.
Inés Rey clausurou a cerimonia, recoñecendo o emprendemento como eixe do desenvolvemento da cidade e defendou o compromiso e solidaridade da mocidade coruñesa: “Emprender é non resignarse, actuar con rebeldía e inconformismo, mais tamén con humanidade e solidariedade, a mesma que levou e leva a tantos mozos e mozas a axudar a Valencia”.
Así mesmo, a alcaldesa lembrou a colaboración entre o Concello e AJE Coruña na programación do programa ‘Propulsa!, ofrecendo ferramentas, formación en tecnoloxías dixitais, intelixencia artificial ou marketing. Rey trasladoulle os parabéns ás empresas premiadas e animou a seguir traballando: “Queremos unha Coruña onde cada idea teña un espazo e cada proxecto conte co apoio necesario para medrar” sinalou.