Friday 22 de November de 2024

O BNG organiza en Ribeira un magosto con música e xogos populares


O BNG está organizando para este sábado 9 de novembro, un un magosto con música e xogos populares. O evento desenvolverase a partir das 19:00h na praza de España de Ribeira.

Segundo explicou o responsable local do BNG, Rafael Pazos, “con esta actividade queremos fomentar a recuperación das tradicións propias desta época como o magosto e fomentar a convivencia entre a veciñanza”.

As actividades comezarán a partir das 9 da noite dando castañas asadas de balde até esgotar as existencias e haberá xogos populares para todas as idades. A partir das 20:00h realizarase un concerto de Laura Panicanela e unha foliada popular para quen se achegue.

Pazos convida a toda veciñanza tanto ao magosto como aos xogos e foliada. “Se a experiencia resulta exitosa agardamos repetir o vindeiro ano”.

Deja un comentario