Friday 22 de November de 2024

A Xunta colabora na edición dun libro que recolle as vivencias personais de doce usuarios de varias residencias de maiores


– O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria estivo presente no acto de entrega dos exemplares a cada un dos protagonistas

– Este proxecto está impulsado polas fundacións María José Jove e ‘Lo que de verdad importa’ e conta coa participación da Xunta de Galicia

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou esta mañá na quinta edición do proxecto ‘Tu historia de verdad importa’. Un acto no que se fixo entrega a doce usuarios de diferentes residencias da Coruña dun libro que recolle as súas vivencias e historias persoais.

Este proxecto nace da colaboración entre as fundacións María José Jove e ‘Lo que de verdad importa’ e contou coa participación da Xunta de Galicia. Para a elaboración deste libro, once voluntarios e un grupo de alumnos dun centro de Vigo pasaron varios meses acompañando día a día aos residentes dos centros para coñecer e afondar nos seus relatos.

O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor a vida das persoas maiores e dar visibilidade ás súas historias, que supoñen un exemplo de superación, resiliencia e esperanza. Neste senso, Antón Acevedo fixo fincapé na conexión interxeracional que supoñen este tipo de proxectos que, segundo destacou, fomentan o diálogo e a aprendizaxe entre os maiores e os máis novos.