Friday 22 de November de 2024

Charla de divulgación científica na biblioteca Rialeda: Isabel Zendal e a Expedición Balmis


O día 8 de novembro, ás 18:30h, terá lugar na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo, unha charla de divulgación científica sobre ISABEL ZENDAL E A EXPEDICIÓN BALMIS a cargo de Ana González Tizón, profesora de xenética na Universidade da Coruña e divulgadora científica.

Esta conferencia tratará sobre a expedición que levou a vacina da varíola a América no século XIX.

A charla está enmarcada no proxecto “Ler para saber: a ciencia”, recentemente galardoado pola Xunta de Galicia co premio de Innovación bibliotecaria e organizado pola biblioteca Rialeda e o CEIP Valle Inclán; formado por charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral.

A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.

Máis información na Biblioteca Rialeda.