A Deputación da Coruña, ven de conceder 14 prazas ao Concello de Ribeira, para participar na “Campaña da Neve 2025”
As solicitudes para poder participar neste programa, deberán facerse no Rexistro Xeral do Concello de Ribeira, ata o 2 de decembro.
As persoas participantes neste programa gozarán de 4 días con aloxamento e manutención, nun albergue a pé de pista, contarán con cursos de esquí e actividades complementarias na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).
DESTINATARIOS: Nenos e nenas, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2024. Terán preferencia a rapazada que non participase en ningunha Campaña de Neve da Deputación.
INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
A cota de inscrición é de 85 € (oitenta e cinco euros).
Nesta “Campaña da neve 2025” ao Concello de RIBEIRA correspóndenlle 14 prazas na 5ª quenda a cal transcorre dende os días 7 ao 10 de febreiro.
No suposto de ter máis solicitudes que prazas concedidas pola Deputación, realizarase un sorteo público diante do secretario/a do concello para adxudicar estas.
Para calquera aclaración relacionada co programa, poden poñerse en contacto co departamento de deportes da Deputación en deportes@dacoruna.gal ou o teléfono 981080319
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.