Friday 22 de November de 2024

O Concello de Ordes organiza un curso de fitosanitarios


Terá unha duración de 25 horas de carácter presencial e comezará a mediados de marzo. As inscricións xa se poden cubrir nos servizos de emprego e orientación laboral do municipio e da mancomunidade

Ordes 19 de febreiro 2016. O Concello de Ordes mantén aberto o prazo para formar parte do curso de manipulador/aplicador de produtos fitosanitarios. Unha convocatoria dirixida a todas as persoas que teñan que mercar ou utilizar este tipo de produtos. As clases darán comezo o vindeiro 14 de marzo e terán unha duración de 25 horas de carácter presencial.

As persoas que queiran apuntarse poden facelo na Axencia de Emprego de Desenvolvemento Local, no primeiro andar do Concello, ou ben no Servizo de Orientación Laboral da Mancomunidade de Ordes, situado nos locais da rúa Xoxardo. Tamén se pode solicitar máis información chamando aos teléfonos 981680002 ou 981680679.