Friday 22 de November de 2024

Miño destina 371.000 euros a obras de mellora de camiños en todo o municipio


● Os traballos de asfaltado, que se dividirán en varios proxectos, permitirán renovar máis de 5 quilómetros da rede viaria municipal.

● Estes proxectos financiaranse con cargo á modificación orzamentaria de 1 millón de euros que leva hoxe, xoves 7 de novembro, a pleno.

O Concello de Miño ten previsto destinar 371.046,27 euros para realizar obras de mellora en varios camiños e estradas do municipio, chegando a todas as parroquias co obxectivo de manter as vías en óptimas condicións, garantindo unha circulación segura e fluída para os cidadáns.

Os traballos permitirán renovar máis de 5 quilómetros da rede viaria municipal e divídense nos seguintes proxectos:
• Acondicionamento e ampliación de camiño en Barbeita (Callobre), 35.248,71 euros.
• Mellora do camiño de detrás do cemiterio de Miño, 5.178,80 euros.
• Mellora da vía na Torre (Sombreu), 48.359,92 euros.
• Mellora do camiño na Torre (Bemantes), o que vai da AC-160 á ETAP (Sombreu), e o do Centro de Día á AC-160 (Sombreu), 48.387,78 euros.
• Mellora de camiños en Perbes, que inclúe o camiño de baixada á Fonte dá Leira, o de Pena de Abaixo a Cruz, en Bolo e o paralelo á vía do tren de Nigrofe a San Xoán, 48.387,78 euros.
• Mellora de camiños en San Xoán, que inclúe o camiño na Viña detrás da igrexa, o camiño da contorna da igrexa, o de Couto a Rego de Andel (DP-4802) e o de Buíña, 44.196,36 euros.
• Mellora dos tramos antigos da N-VI en Leiro e Ponte Baxoi, 48.360,68 euros.
• Mellora de camiños en Carantoña, Castro, Leiro e Bemantes, que inclúe o camiño fronte á igrexa de Carantoña, o de Currás (Bañobre), en Chao do Monte (Carantoña), en Coído (Leiro) e en Ansimonde (Bemantes), 44.678,56 euros.
• Mellora de camiños na parroquia de Callobre, que inclúe o camiño na Brea, en Barbeita,, en Vigo de Arriba, en Vigo de Abaixo (praza), en Cachufeira e na Graña desde a casa rural ata a DP-0906, 48.399,52 euros.

Estas melloras, financiaranse con cargo á modificación orzamentaria de 1 millón de euros que leva este xoves, 7 de novembro, a un pleno extraordinario (14:15 horas).