Friday 22 de November de 2024

A rúa Piñeiro quedará cortada ao tráfico durante unha semana para o seu asfaltado


Debido ás obras de acondicionamento da rúa Piñeiro en Iñás, para o estendido da nova capa de rodadura, será preciso cortar o tráfico durante unha semana, aproximadamente. Durante ese tempo, os vehículos serán desviados a través da avenida Espoz y Mina.

As persoas residentes na rúa si poderán acceder aos seus domicilios.