Friday 22 de November de 2024

Últimas entradas dispoñibles para ‘Mulleres que viven soas #MQVS’, este venres no Fórum Metropolitano


Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo interpretan a tres bruxas que dende a comedia amosan as historias das mulleres do rural

As entradas para o pase, ás 20.30 horas, poden mercarse en Ataquilla.com

O prezo xeral é de 9,80 euros e de 7,80 para persoas desempregadas, mozas ou maiores de 65 anos

A obra ‘Mulleres que viven soas #MQVS’ da compañía Berrobambán, de Paula Carballeira, chega este venres 8 de novembro ao Fórum Metropolitano como penúltima cita do Ciclo Sen Numerar de Outono 2024. As últimas entradas aínda están dispoñibles e poden mercarse a través de Ataquilla.com.
Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo interpretan a tres mulleres, as Tres Bruxas que profetizan o ascenso de Macbeth ao trono na peza de Shakespeare e que encarnan os males deste mundo. Unha oportunidade para rirnos da diferenza entre como nos ven e como nos sentimos. Trátase dun espectáculo híbrido entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino no que se amosan as historias das mulleres do rural.

De acordo coa temática, o Goberno de Inés Rey incluiu a obra como parte da programación polo 25N Día Internacioal da Eliminación da Violencia Contra a Muller co obxectivo de dar voz e corpo a historias reais de mulleres dende un punto de vista divulgativo. As entradas para o pase, ás 20.30 horas, teñen un prezo xeral é de 9,80 euros e de 7,80 para persoas desempregadas, mozas ou maiores de 65 anos.