Friday 22 de November de 2024

O Remanso abre novembro con cinco actividades temáticas organizadas a proposta das persoas usuarias


A primeira terá lugar este venres 8 de novembro de 20.00 a 21.00 horas, cunha partida especial do popular xogo ‘Cluedo’

Súmanse outras accións como o ‘Just dance’, obradoiro de scapbooking, conversas en galego ou a proxección do filme ‘A pantasma da ópera’

Todas as actividades están orientadas a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos previa inscrición ate o día antes da realización da actividade

O Espazo Xuvenil ‘O Remanso’ recibe este mes de novembro cunha nova programación mensual deseñada polas persoas usuarias do centro, organizando cinco actividades temáticas durante todo o mes. O Goberno de Inés Rey puxo en marcha o espazo como punto de reunión da mocidade coruñesa, ofertándolle alternativas de ocio saudables e combatendo a soidade non desexada.
A programación comeza este venres 8 de novembro cunha partida especial do popular xogo ‘Cluedo’, baixo o título “Conspiración”, na que os mozos e mozas terán que descubrir quen é o asasino ou asasina da partida. Continuará o sábado 9, de 18.00 a 21.00 horas, tamén cun xogo moi popular entre a mocidade. O ‘Just dance!’ chega ao Remanso para poñer ás persoas que participen a bailar, con competición de entre dúas a catro persoas.
A seguinte semana, o martes 12 de novembro, terá lugar unha edición das conversas en galego dende as 18.00 ás 19.30 horas. O obxectivo é promover uso da lingua entre a mocidade coruñesa, facendo fronte dunha forma lúdica ás últimas cifras sobre falantes en galego. Xa o 22 de novembro terá lugar un obradoiro de scrapbooking, no que aprender a crear o seu propio mini álmbum de fotografías. A proxección do filme ‘A pantasma da ópera’ pechará a programación de novembro, no marco do II Ciclo de Cine de Terror, o mércores 27 de novembro ás 19.30 horas..
Todas as actividades están orientadas a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos previa inscrición ate o día antes da realización da actividade, ben no Remanso ou chamando ao número 621183038. A primeira terá lugar este venres 8 de novembro de 20.00 a 21.00 horas, cunha partida especial do popular xogo ‘Cluedo’
Súmanse outras accións como o ‘Just dance’, obradoiro de scapbooking, conversas en galego ou a proxección do filme ‘A pantasma da ópera’
Todas as actividades están orientadas a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos previa inscrición ate o día antes da realización da actividade
A Coruña, 6 de novembro de 2024.- O Espazo Xuvenil ‘O Remanso’ recibe este mes de novembro cunha nova programación mensual deseñada polas persoas usuarias do centro, organizando cinco actividades temáticas durante todo o mes. O Goberno de Inés Rey puxo en marcha o espazo como punto de reunión da mocidade coruñesa, ofertándolle alternativas de ocio saudables e combatendo a soidade non desexada.
A programación comeza este venres 8 de novembro cunha partida especial do popular xogo ‘Cluedo’, baixo o título “Conspiración”, na que os mozos e mozas terán que descubrir quen é o asasino ou asasina da partida. Continuará o sábado 9, de 18.00 a 21.00 horas, tamén cun xogo moi popular entre a mocidade. O ‘Just dance!’ chega ao Remanso para poñer ás persoas que participen a bailar, con competición de entre dúas a catro persoas.
A seguinte semana, o martes 12 de novembro, terá lugar unha edición das conversas en galego dende as 18.00 ás 19.30 horas. O obxectivo é promover uso da lingua entre a mocidade coruñesa, facendo fronte dunha forma lúdica ás últimas cifras sobre falantes en galego. Xa o 22 de novembro terá lugar un obradoiro de scrapbooking, no que aprender a crear o seu propio mini álmbum de fotografías. A proxección do filme ‘A pantasma da ópera’ pechará a programación de novembro, no marco do II Ciclo de Cine de Terror, o mércores 27 de novembro ás 19.30 horas..
Todas as actividades están orientadas a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos previa inscrición ate o día antes da realización da actividade, ben no Remanso ou chamando ao número 621183038.