O Concello da Pobra do Caramiñal suspendera as actividades municipais entre o 31 de outubro e o 2 de novembro, ámbolos dous dúas incluídos, con motivo do decreto do loito oficial pola DANA en Levante.
Agora xa hai nova data para unha das propostas que se adiaron: os xardíns terroríficos do Samaín impulsados pola Concellaría da Cultura.
No venres 8, a alameda converterase nun escenario de medo, polo cal estará ambientada para a ocasión. Será a partir das 20.00 horas e a participación require inscrición previa no seguinte formulario en liña: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSft0sG-5yDpII7R7xD27_Dk-_e5KIr3r9cejpycNCdgv8ILNQ/viewform?pli=1.