Friday 22 de November de 2024

O Concello de Oleiros cooperará con València


Ante a magnitude da catástrofe natural, o Concello de Oleiros cooperará con València. Cando se restableza unha mínima normalidade, o Goberno municipal dirixirase aos concellos máis afectados co ánimo de participar nalgún programa de reconstrución concreto.

En función do proxecto e das súas necesidades específicas definirase, nese momento, a cantidade a aportar, que se verá incrementada polos doazóns que calquera cidadán pode realizar á conta solidaria permanente do Concello de Oleiros (ES12-2080-0064-9830-4001-1138).

Neste momento, tal e como comunicaron as autoridades valencianas, precísanse distintos medios técnicos para acelerar a busca de desaparecidos, limpeza de rúas, restablecemento de redes de auga e alcantarillado… Por parte das autoridades valencianas tamén se informou na mañá de onte que non se realicen máis envíos de alimentos, auga, nin artigos de primeira necesidade, ante a incapacidade de administralos debidamente e a existencia de recursos suficientes nas zonas próximas.

Activar mecanismos espontáneos de colaboración responde a un impulso emocional, natural no ser humano, pero calquera tipo de axuda debe someterse a unha mínima organización para non causar máis problemas dos que pode resolver, especialmente nunha situación coma esta, na que os movementos loxísticos teñen unha gran importancia estratéxica sobre o terreo.