O evento volve á cidade case unha década despois, cunha conferencia inaugural a cargo de Nadia Calviño
Inés Rey: “Unha mostra de que a cidade recuperou o seu liderado en materia de turismo MICE como sede de grandes eventos”
Nesta edición abordarase a situación actual e o futuro económico, poñendo a énfase na importancia das novas tecnoloxías e a innovación
A Fundación CEDE-Confederación Española de Directivos e Executivos presentou o XXIII Congreso de Directivos, que terá lugar o próximo 28 de novembro en Palexco. A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a presentación do evento e destacou que o Congreso CEDE volva á cidade herculina: “Case unha década despois, A Coruña volve acoller este importante congreso, unha mostra da cidade recuperou o seu liderado en materia de turismo MICE como sede de grandes eventos”, asegurou. Tamén interviron Ramón Adell, vicepresidente da Fundación CEDE e Patricia Villajos, xerente del Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) de la Xunta de Galicia.
Baixo o lema “Liderazgo en tempos de intelixencia artificial”, a edición deste ano citará a diversas persoas expertas, directivas e líderes co obxectivo de abordar a situación actual e o futuro económico, poñendo a énfase ademais na importancia das novas tecnoloxías e a innovación. O Congreso de Directivos CEDE posicionouse como unha cita ineludible, converténdose no evento de referencia para empresarios e empresarias de todo o país.
Rey quixo subliñar a importancia que ten a innovación no sector empresarial coruñés, coa Cidade das TIC e a AESIA como exemplos: “Un dos grandes retos das empresas é incorporar as TIC e a IA desde unha perspectiva sostible e respectuosa cos traballadores e traballadoras, sendo unha ferramenta de apoio no avance e mellora da produción”, sinalou.
Nesta edición, a conferencia inaugural será a cargo de Nadia Calviño, presidenta do Banco Europeo de Investimentos. Ademais, o programa conta con destacados relatores e relatoras do mundo da empresa, e a innovación, como Isidro Fainé, Presidente da Fundación CEDE; Amparo Alonso, catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña; José María Álvarez Pallete, presidente de Telefónica; Juanjo Cano, presidente de KPMG en España; ou Héctor Flórez, presidente de Deloitte España.